PLAN CONCELLOS 2019 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS.

A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 104.176,80 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2019 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 242 do martes 18 de decembro de 2018). O coste total destas contratacións ascende a 107.649,36 €.

Por decreto de Alcaldía de 13 de marzo de 2019 resolveuse a contratación laboral temporal, a xornada completa, durante oito meses, de nove persoas desempregadas: 2 albaneis, 1 electricista, 1 fontaneiro/a, 1 pintor/a, 1 carpinteiro/a e 3 peóns de obras públicas en xeral. Os contratos iniciáronse o 15 de marzo de 2019.

As contratacións levadas a cabo responden a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou para o desempeño das súas compentencias en termos razoables de eficacia.

 

En Meis, a 18 de marzo de 2019.

O Concello de Meis únese á dor pola morte de Eduardo Fajardo, actor que resultou nomeado fillo predilecto deste Concello no ano 2010.

A alcaldesa, Marta Giráldez Barral, mostra o seu pésame pola perda dunha gran figura da interpretación

O Concello de Meis únese á dor pola morte do actor Eduardo Fajardo, meisino de nacemento (O Mosteiro – agosto 1924), falecido en México, onde residen os seus fillos.

O Concello e a Corporación municipal, quere manifestar o pésame pola perda do seu fillo predilecto e trasladar o sentimento de dó nestos momentos tan difíciles a súa familia e amigos.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 5.186,83 € con destino ó investimento “SUBMINISTRO DE SINALIZACIÓN VERTICAL E MOBILIARIO URBANO” , incluído na liña 1 do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2018-2019.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra –Servizo de Cooperación.

APROBACIÓN INICIAL DO INVENTARIO CORRESPONDENTE ÓS BENS INMOBLES (URBANOS E RÚSTICOS), VIAIS PÚBLICOS MUNICIPAIS E OUTROS BENS (LAVADOIROS E FONTES).

O Pleno da corporación municipal, mediante acordo adoptado na sesión de data 29.11.2018, aprobou inicialmente o inventario correspondente ós Bens Inmobles (urbanos e rústicos), Víais Públicos Municipais e outros bens (lavadoiros e fontes) do concello de Meis.

O acordo e o expediente sométese a exposición pública e audiencia aos interesados polo prazo de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra, para presentación de reclamacións e suxerencias.

anuncio bop

Presentac1.3500-PLAN_A.opt1

Presentac1.3500-PLAN_B.opt1

Presentac1.3500-PLAN_C.opt1

Presentac1.3500-PLAN_D.opt1

Presentac1.3500-PLAN_E.opt1

Presentac1.3500-PLAN_F.opt1

Presentac1.3500-PLAN_G.opt1

Prazo de exposición pública ampliado ata o 30-03-2019

Anuncio BOP

MEIS HONRA AO SEU ANTIGO ALCALDE POÑÉNDOLLE O SEU NOME A UNHA RÚA

Don José Luis Pérez actual alcalde e o seu predecesor Don Jorge Casal foron os encargados de descubrir a placa

 

  • Foi un acto moi emotivo, ao que asistiron unha multitude de veciños ademais de políticos de renome como a Presidenta do Congreso, Ana Pastor, o Vicepresidente @de la Xunta de Galicia, acompañado do delegado da Xunta de Galicia Cores Tourís e a senadora Mesina, Marta Lucio.

 

No día de hoxe tivo lugar a inauguración da que a partir de hoxe coñecerase como Rúa Alcalde D. Jorge Casal Pintos. A rúa en cuestión e a vía principal para acceder ao centro escolar de Mosteiro, onde foi profesor D. Jorge Casal e a primeira rúa en ser asfaltada cando D. Jorge era rexedor de Meis.

Ao acto que tivo lugar ás 13:30 h, foi un acto moi emotivo que unha inmensa maioría de veciños e veciñas non quixeron perderse, un acto ao que asistiu persoas moi relevantes da política activa, como a presidenta do Congreso, Ana Pastor, o Vicepresidente da Xunta de Galicia, acompañado do delegado da Xunta de Galicia Cores Tourís e a senadora Mesina, Marta Lucio e antigos políticos de renome como o ex presidente do Partido Popular D. Rafael Louzán amigo e colaborador de ambos os alcaldes que non quixo perder esta ocasión.

Tamén a este evento asistiron multitude de empresarios e compañeiros de partido e de Goberno de D. Jorge Casal, que un o seu discurso agradeceu a todos os veciños de Meis e moi especialmente ao grupo de goberno actual co seu alcalde á cabeza José Luis Pérez que lle quixeran lembrar desta forma tan entrañable. Pola súa banda o actual rexedor José Luis Pérez no seu discurso só tivo palabras de agradecemento cara ao que foi o seu mentor “Que podo dicir de D. Jorge, unha excelente persoa, un gran profesor e director e un inesquecible alcalde de Meis que deixo pegada en todos nós pola súa humanidade e o sacrificio persoal e familiar nos seus 20 anos de servizo á fronte do concello”.

O alcalde José Luis Pérez lembrou que foi un gran incentivo o poder substituír no cargo como alcalde de Meis a D. Jorge, algo que fixo con respecto e moita ilusión, pero tamén sendo coñecedor de que quedara o listón moi alto e que el tiña que mantelo a ese nivel, por todo isto, José Luis Pérez e os seus compañeiros no grupo de Goberno tomaron a decisión de honrar a este gran home poñéndolle o seu nome a esta rúa. Unha vez rematado os actos puideron brindar todos xuntos cun viño da zona.

JOSÉ LUIS PÉREZ ATÓPASE EN MADRID PARA PROMOCIONAR MEIS CON MOTIVO DA SEMANA SANTA DE PARADELA.

O alcalde de Meis, José Luis Pérez promociona en Fitur en compañía de Ofelia Barral, concelleira de cultura e o membro da confraría, Enrique Barros, a “Semana Santa de Paradela” dentro do programa da Xunta ” Semanas Santa en Galicia”.

O Concello de Meis coñecido polo seu patrimonio singular co Mosteiro de Armenteira e a súa espectacular ruta da Pedra e a auga puxo en valor parte unha das súas festas de Interese Turístico Galego, salientando a implicación dos seus veciños, novos e maiores que viven a Semana Santa con profundo sentimento e fe.

A Semana Santa de Paradela, permite visualizar unha representación única que se divide en diferentes xornadas e actos litúrxicos desde a entrada de Xesucristo en Xerusalén montado nun burro, pasando pola escenificación da última cea a noite do xoves Santo, seguido do venres Santo onde Jesús é sentenciado a matar por Poncio Pilato e levado ao Monte Calvario para ser crucificado, durante a mañá, acto que dará lugar ao desencravo pola noite con procesión ata a igrexa parroquial; terminando estes días de Pascua en Meis co domingo de resurrección.

José Luís Pérez, alcalde de Meis anima aos que visiten o Concello de Meis durante a Pascua, poderán gozar dunha Semana Santa espectacular e única, onde serán benvidos a unha parroquia como é a de Paradela, pequena pero acolledora e con moito encanto.

Conservación, restauración e recolocación do cruceiro de Lamas do ano 1797

A restauración do cruceiro de Lamas, sito en San Martiño de Meis, chegou ao seu fin. O elemento conta coa máxima protección ao ser Ben de Interese Cultural e está datado no século XVIII. Esta obra, por valor de 8.409 euros, está financiada a través dunha subvención concedida a este Concello pola Deputación de Pontevedra para Conservación, restauración e recolocación do cruceiro de Lamas do ano 1797 ao abeiro das subvencións para “Rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural ano 2018”.

JOSÉ LUIS PÉREZ GOZOU DA TRADICIONAL COMIDA DE NADAL CELEBRADO POLO CLUB DE FÚTBOL DE MOSTEIRO.

  • Este sábado día 29 de decembro, o alcalde de Meis José Luis Pérez gozou novamente da comida de Nadal celebrado polo Club de Fútbol de Mosteiro.

José Luis Pérez volveu compartir como é tradición mesa e mantel coa directiva, xogadores, socios, socias, familiares e simpatizantes do Club de Fútbol de Mosteiro, que na súa tradicional festa de Nadal reúnense para pechar o ano unidos en boa compañía. Foi unha comida moi amena chea de complicidade e diversión, onde os máis pequenos da casa  puideron gozar dun colchón inchable completando así esta tarde de entretemento.

O menú consistiu nuns entrantes de primeiro, cun segundo composto por churrasco de porco e de tenreira preparado “ insitu”,  que puideron degustar todos os comensais e celebrar así a terminación deste ano 2018.

José Luis agradeceu a todos e a todas esta invitación, e animou á directiva co seu presidente Manolo á cabeza, a continuar co gran traballo que están a realizar cos mozos inculcándolle a través do deporte a responsabilidade e o compañeirismo, o alcalde aproveitou para desexarlles un ano novo cheo de vitorias e de recoñecementos, que está seguro de que así será.

 

MEIS CELEBRA O SEU VII MERCADO DE NADAL DO GALO DE CURRAL

  • concello de Meis vén de celebrar a súa VII celebración do seu Mercado de Nadal do Galo de Curral cun remate moi novo ao ofrecer a todos os asistentes unha Showcooking.

Este sábado Meis volve ser un referente na comarca do Salnes, na súa nova edición do seu Mercado de Nadal do Galo de Curral, que vén celebrando os últimos anos por estas datas.

Un evento que patrocina o concello de Meis no cal José Luis di, “facemos este tipo de evento non só para axudar aos criadores das aves, que tamén! Senón que para demostrar que, Meis é outra cousa, e é incomparable. Xa que non só pódense atopar grandes viños da terra, tanto brancos como tintos, ademais é un concello repleto de natureza polos catro custados, no que en breve ampliaremos a nosa oferta de lecer, que agora xa é importante, coa nosa Ruta dá Pedra e dá Auga ou o noso campo de Golf, e dentro de moi pouco tempo contaremos co parque acuático máis importante de Galicia e está claro, que tamén temos uns dos mellores Galos de Curral como vimos demostrando ano tras ano nesta feira, que cada ano ten máis adeptos e a proba está en que os criadores quedan sen xénero”

O alcalde na súa visita estivo acompañado por todo o Grupo de Goberno estiveron a gozar do evento e charlando cos criadores, ata o instante en que chego o momento de recibir unha clase maxistral da man da bloguera gastronómica Rocío Garrido Caramés autora do blog “A cociña do meu avó”. Que os deleito con dous das súas receitas para este Galo de Curral de Meis como foron Galo á carbonada e Galo con cóllemos e polenta.