O CONCELLO DE MEIS CELEBRA O SEU ENTROIDO DE 2018

Eran as 16.30 e na casa da Cultura do Concello xa había afluencia, xa se respiraba ambiente de entroido en todos os recunchos. Nenos e maiores acudían a inscribirse cada un na súa categoría para participar no concurso de entroido que cada ano esperan con ilusión  familias enteiras de Meis.

Este ano, a diferencia dos anteriores  o xurado valorou a posta en escea nun pasarúas que encheu de cor e diversión o traxecto ate o pavillón municipal,  valorouse tamén o deseño e a dificultade tanto dos traxes coma das carrozas que os acompañaban, este ano especialmente complicado dada a calidade dos deseños  que se presentaron, por ese motivo tívose que engadir un cuarto premio nas categorías de grupo, tanto  infantil como adulto.

A saída dos participantes foi ás seis da tarde dende o mesmo centro cultural e cada comparsa danzou e divertiuse a reo ate a súa chegada ó pavillón donde foron recibidos polo público asistente. Os encargados de amenizar a festa  foron BBC Animacións e eventos, e na cantina do pavillón nenos e maiores puideron degustar os doces típicos desta época do ano como orellas e filloas entre moitos outros.

O Alcalde José Luis Pérez non quixo perderse a festa e ó redor das 8 e media da tarde facía  a entrega dos premios que foron os seguintes:

 

PREMIOS INFANTILES

 

  • De 4-7 anos

1º PREMIO: MARCIANO PLANETA PLATA

 

  • De 8-11 anos

1º PREMIO : O HOME DO MUÍÑO

2º PREMIO: LORITO REAL

3º PREMIO: A RAÍÑA DAS VOLVORETAS

 

  • Parellas

1º PREMIO: BOMBEIROS

2º PREMIO: TELEPIZZA

3º PREMIO: GUERREIROS

 

  • Grupos

1º PREMIO: CASTREXOS CELTAS

2º PREMIO: GOTTHANPA

3º PREMIO: PRAGA DO PICUDO VERMELLO

4º PREMIO: VIAXE GALÁTICA DO ANEXO

 

PREMIOS ADULTOS

 

 

  • Individual

1º PREMIO: VELLAS RELIQUIAS

2º PREMIO: PAPA PACO

3º PREMIO: ATRAPA UN RATO

 

  • Parella

1º PREMIO: XOGADOR E CAMPO DE GOLF

  • Grupos

1º PREMIO: DE VODA EN PARÍS

2º PREMIO: ENTROIDO DE MORTE

3º PREMIO: CORNAZO VILLE

4º PREMIO: BOSQUE ENCANTADO

O ALCALDE JOSÉ LUIS PÉREZ VISITA NA CASA DA CULTURA A UN GRUPO DE MAIORES QUE CONFECCIONOU OS SEUS PROPIOS TRAXES DE ENTROIDO

O Alcalde José Luis Pérez acudiu no día de onte ó Centro Cultural de Meis con motivo da celebración de un dos obradoiros culturais que forma parte da iniciativa do Concello. Tratouse de un obradoiro de confección de traxes de entroido, onde participaron cerca de 45 persoas  de entre 55 e 94 anos capitaneados pola Educadora Social Elena Barros Casal.

O Alcalde acompañou os maiores para ver os resultados do obradoiro que foi todo un éxito. Houbo xogos populares como o de “pica o globo”, “tiro ó cubo”, “baile sorpresa”onde os participantes tiñan que bailar coa parexa sorpresa que lle tocase ó azar e ser valorados por un xurado que lles entregaría unas estatuíllas tipo as dos “Oscar” aos vencedores. Tamén houbo teatro, recital de poemas, contos e chistes e unha  entrega de libros; e dicir, non faltou detalle para que os nosos maiores disfrutasen dunha tarde de entroido do máis entretida . A actividade comezou as 16:00h e rematou pasadas as 8 da tarde.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 14.638,23 €  con destino ó investimento “SUBMINISTRACIÓN DE VEHÍCULO 4X4” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 16.940,00 €  con destino ó investimento “SUBMINISTRACIÓN DE FURGONETA DE 9 PRAZAS” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 16.940,00 €  con destino ó investimento “SUBMINISTRACIÓN DE FURGONETA DE 3 PRAZAS CON CAIXA CERRADA” , incluído na liña 1  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 71.300,17 €  con destino ó “AMORTIZACIÓN DE DÉBEDA CON ENTIDADES FINANCEIRAS” , incluídas na liña 2  do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

O CONCELLO DE MEIS UN DOS PRIMEIROS DA PROVINCIA EN APROBAR OS ORZAMENTOS DO ANO 2018

O concello de Meis atópase nunha situación envexable na comarca.

No día de onte aprobáronse os orzamentos do concello de Meis por un importe de 2.892.720€, sendo o primeiro concello da comarca en sacar á luz os seus números para o ano 2018. O pleno que comezou ás 20:30 h. prolongouse por máis de 2 horas debido ao gran número de puntos que contiña, sendo un dos máis importantes os orzamentos do ano 2018, sendo este concello o 1º en aprobalos na comarca do Salnes e posiblemente de toda a provincia, o orzamento do 2018 increméntase con respecto ao do ano 2017 en case 500.000€, debido á austeridade e boa xestión do goberno destes últimos anos e a comprensión e apoio de todos os veciños e veciñas. Os investimentos en obras para o ano 2018 estipúlanse en máis de 700.000€ aprox. dos cales preto de 400.000€ é o diñeiro que ten que achegar a deputación por lei, e que despois o concello decide en que se inviste como, preto de 300.000€ será dun proxecto realizado desde o concello de Meis, que nos outorga a Deputación de Pontevedra para a mellora da Praza de España. Sen esquecernos das achegas que esperamos recibir tanto de Xunta de Galicia, como de Deputación no ano 2018, podendo alcanzar máis de 1.000.000€ de investimento para o concello de Meis. No tocante a servizos sociais, mantense as cantidades de anos anteriores e mellórase o apartado de cultura e deportes, xa que José Luis Pérez entende que é unha partida a cal había que mellorar xa que por exemplo contamos con asociacións de Futbol no municipio que contan nas súas filas este ano, con equipos femininos e é necesario adaptar as infraestruturas e potenciar este deporte tamén no xénero feminino que se ve que ten un gran futuro neste concello. Meis pasa a ser no ano 2018 como contemplan os orzamentos aprobados no día de onte, o concello que menos gasto ten en cargos políticos na comarca do Salnes, por 2 motivos moi importantes, o 1º e de maior contía é debido a que o primeiro edil José Luis Pérez, exercerá as súas funcións como alcalde acolléndose á xubilación e non percibindo retribucións salariais do concello, co cal xera un aforro de máis de 40.000€ ás arcas municipais, que José Luis Pérez a decidido incorporalo aos orzamentos para incrementar o orzamento de cultura deporte e asuntos sociais e que sexan os veciños e veciñas os que se favorezan e a 2ª e non menos importante é que nestes orzamento reduciuse ao 50% os ingresos que percibían os partidos políticos PP- PSOEdeG-BNG neste concello. Tamén se comproba neste pleno a través dos informes de Intervención que o concello está nun momento inmellorable desde o comezo da crise, polo cal tivo que acollerse ao Plan de Pagos a Provedores e chego a ter unha débeda bancaria de preto de 1.000.000€, a cal nestes momentos está en 340.000€ e neste mes farase unha achega de 75.000€ e esta quedará por baixo dos 270.000€ isto é un 73% menos de débeda, ademais o período de pago a provedores situouse no informe remitido ao ministerio do segundo trimestre en -15 días é dicir que se paga 15 días antes do límite fixado polo estado. Por todo isto José Luis Pérez di que son uns prepuestos moi ambiciosos, transparentes, reais e prudentes, os cales lograsen manter os servizos dos que gozan todas as veciñas e veciños de Meis ata o momento e mellorar a xestión dos fondos públicos.

AS ADECUACIÓNS DOS PARQUES INFANTILES COMENZAN NA PARROQUIA DE ARMENTEIRA

O alcalde José Luis Pérez acompañado dos concelleiros Ofelia Barrral e Jario Paz revisaron o parque infantil da parroquia de Armenteira, o cal foi reparado estes días das avarías e desgaste polo paso do tempo.

Desde o concello levan varios meses organizando o traballo da adecuación dos parques infantís do municipio que estaba proxectado comezasen no ano 2018, pero por mor dun aviso por parte de veciñas e veciños de Armenteira comentado as deficiencias e danos que tiña o parque situado nesta localidade “utilizado por máis de 50 nenos e ao ser un parque situado á beira do colexio urxía a súa reparación canto antes”

José Luis Pérez e varios concelleiros achegáronse a comprobar e verificar os danos do parque e o alcalde vendo o estado en que se atopaba tiña que tomar unha decisión ou ben precintar a instalación ou reparala urxentemente, por suposto José Luis Pérez optou pola segunda opción e non privar do parque infantil aos nenos, facendo este traballo nun tempo record desde o aviso ata a súa reparación non pasaron máis de 72 horas.

Agora o parque loce un novo colorido e máis seguridade nos elementos, o alcalde comprometeuse a seguir mellorando o parque xa que hai elementos rotos que non se poden reparar e hai que cambialos directamente, tamén en breve arrombarase os sebes do peche para que luza aínda mellor.

José Luis Pérez quere agradecer enormemente a todos os veciños e veciñas que coas súas chamadas alértannos de danos e reparacións que sen a súa axuda non coñeceriamos e desde o concello téntase dentro das nosas posibilidades rapalo canto antes e tamén aproveita para agradecer a paciencia de todos e todas ante estes problemas.

REMATAN 10 OPERARIOS CONTRATADOS ATRAVES DO PLAN CONCELLOS 2017

Este mes de novembro rematan 10 traballadores que o concello incorporou grazas ao PLAN CONCELLOS 20017- LIÑA 3- ( Emprego para conservación de bens e servizos municipais), os cales veñen realizando traballos  cun contrato de 8 meses comprendidos entre o 01/04/2017 ata o 30/11/2017.

En estes contratos contouse cos seguintes profesionais 2 albaneis, 1 canteiro, 1 electricista, 1 fontaneiro e 3 peóns de mantemento. Os cales estiveron realizando traballos durante estes 8 meses por toda as parroquias de Meis cun custo total de 113.914.30€ dos cales subvencionados foron   106.950.25€ e o restante achegouno o concello, é dicir 6.964.05€.

O alcade Jose Luís Pérez cre que estes tipos de contrato son moi beneficiosos para ambas as partes, xa que os concellos non teñen grandes recursos persoais, pero si moitas necesidades e son un complemento ideal, ao mesmo tempo tamén se logra crear postos de traballo dentro do municipio nuns tempos moi difíciles.

Humanización rúa Colexio e o entorno da Praza de España

O concello de Meis vai proceder á execución do proxecto denominado “Humanización da rúa do Colexio e o entorno da Praza de España”, obra cofinanciada mediante convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza) e o Concello.