𝑺𝑶𝑩𝑬𝑺 𝑨𝑶 𝑩𝑼𝑺🚌 𝑫𝑶 𝑻𝑬𝑨𝑻𝑹𝑶🎭❓

O 𝙫𝙚𝙣𝙧𝙚𝙨 10 𝙙𝙚 𝙢𝙖𝙞𝙤, 𝙦𝙪𝙚𝙙𝙖 𝙧𝙚𝙨𝙚𝙧𝙫𝙖𝙙𝙤 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙦𝙪𝙚 𝙖 𝙫𝙚𝙘𝙞𝙣̃𝙖𝙣𝙯𝙖 do Concello de Meis poida subir ao b̲u̲s̲ d̲o̲ t̲e̲a̲t̲r̲o̲ g̲r̲a̲t̲u̲í̲t̲o̲, para asistir á 𝒇𝒖𝒏𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒂 𝒏𝒐𝒗𝒂 𝒑𝒓𝒐𝒅𝒖𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒐 𝑪𝒆𝒏𝒕𝒓𝒐 𝑫𝒓𝒂𝒎𝒂́𝒕𝒊𝒄𝒐 𝑮𝒂𝒍𝒆𝒈𝒐, ❜𝑶𝑺 𝑨𝑪𝑻𝑶𝑺 𝑬 𝑨𝑺 𝑷𝑹𝑶𝑭𝑬𝑪𝑰́𝑨𝑺❜ en Santiago de Compostela.
 
𝑂 𝑒𝑠𝑝𝑒𝑐𝑡𝑎́𝑐𝑢𝑙𝑜 𝑒𝑠𝑡𝑎́ 𝑟𝑒𝑐𝑜𝑚𝑒𝑛𝑑𝑎𝑑𝑜 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑚𝑎𝑖𝑜𝑟𝑒𝑠 𝑑𝑒 16 𝑎𝑛𝑜𝑠.
 
𝐍𝐮́𝐦𝐞𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐚𝐬: 𝟐𝟓 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀𝐍𝐓𝐄𝐒.
 
📇DATA: 10 de maio
🕓HORA DE SAÍDA: 16:00h
📌LUGAR DE SAÍDA: Praza de España – O Mosteiro
🕕HORA DA FUNCIÓN: 18:00h.
🕣HORA DE SAÍDA TRAS A FUNCIÓN: 20:30h.
🪙 ENTRADA: 3€
 
ℹ️Máis información e inscricións por rigorosa orde de chamada🤳no 615 299 794 / 📲omix@meis.gal

Posta en valor do Petróglifo de Outeiro do Cribo

A necesidade de intervención arqueolóxica ven dada pola aplicación da normativa urbanística e patrimonial vixente á actuación de posta en valor que o Concello de Meis pretende acometer sobre un dos seus elementos arqueolóxicos máis singulares, o petróglifo do Outeiro do Cribo (GA36028016), que agocha un dos labirintos mellor executados e conservados de todo o panorama da arte rupestre.

En época recente, os gravados teñen sido obxecto de múltiples afeccións, algunhas repetitivas, como as marcas ou pintadas realizadas por afeccionados, que poden causar deterioros irreversibles nos sucos.
Ademais, o xacemento está situado nunha localización de risco debido ao tránsito por riba do soporte dos gravados de vehículos rodados (motos e quads especialmente), persoas e animais; polo que o Concello considera que é imprescindible abordar unha actuación que reverta esta situación actual de exposición a diversos axentes de deterioro.

Por outra banda, o petróglifo posúe un importante potencial para o desenvolvemento da comunidade local en conxunto cos outros bens arqueolóxicos existentes na contorna, como as Mámoas de Fonte do Lagarto, o petróglifo de Outeiro do Tronco ou o propio mosteiro de Armenteira. Todos eles susceptibles de ser integrados en roteiros de lecer
baseados no interese polo patrimonio histórico-arqueolóxico e a defensa e conservación do medio ambiente. De feito, a pista de acceso ao Outeiro do Cribo forma parte dun circuíto BTT (Ruta de BORDÓNS; ruta 8 do Salnés), pensada para o fomento do clicloturismo na zona.

Son por estes motivos, singularidade, situación de risco e potencial social, que xurde a iniciativa municipal para poñer en valor o ben. Elaborándose, en xuño de 2021, unha proposta de actuación por parte de técnicos da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez (arqueólogo) e Óscar Taboada (conservador), na que se abordan as diferentes accións que conducirían á súa recuperación e posta en valor, e que no presente proxecto se seguirán en gran medida.

A intervención arqueolóxica que se pretende, abrangue traballos de roza e tala, limpeza do propio soporte dos gravados, documentación, creación de drenaxes, escavación arqueolóxica e acondicionamento do espazo visitable, incluíndo cartelería e delimitación física mediante valados en madeira.
Actuacións, que en definitiva, terán lugar dentro da áreas de protección do petróglifo, tanto integral como de amortecemento, ben catalogado segundo o Plan Xeral de Ordenación do concello de Meis, e que, ademais, segundo o establecido na disposición adicional primeira da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, goza da condición de bens de interese cultural.