A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 104.176,80 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2019 – LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS para levar a cabo a contratación de 9 persoas desempregradas, a través dos Servizos Públicos de Emprego, que reúnan os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 242 do martes 18 de decembro de 2018). O coste total destas contratacións ascende a 107.649,36 €.

Por decreto de Alcaldía de 13 de marzo de 2019 resolveuse a contratación laboral temporal, a xornada completa, durante oito meses, de nove persoas desempregadas: 2 albaneis, 1 electricista, 1 fontaneiro/a, 1 pintor/a, 1 carpinteiro/a e 3 peóns de obras públicas en xeral. Os contratos iniciáronse o 15 de marzo de 2019.

As contratacións levadas a cabo responden a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou para o desempeño das súas compentencias en termos razoables de eficacia.

 

En Meis, a 18 de marzo de 2019.