De conformidade co disposto no artigo 101 e concordantes da Lei Orgánica do Poder Xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de Xuíz de Paz titular de Concello de Meis, conforme ás seguintes bases:

OBXECTO:

A provisión do referido cargo polo prazo legalmente establecido.

SOLICITUDES:

Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Meis en horario de oficina durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia.

Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

  • Certificado de nacemento e fotocopia compulsada do DNI.
  • Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes acompañada de declaración complementaria do solicitante referida a que non se atopa inculpado ou procesado.
  • Xustificación dos méritos do solicitante.

CONDICIONS LEGAIS:

Ser español maior de idade; non atoparse incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño de funcións xudiciais, agás actividades profesionais ou mercantís.

As causas de incompatibilidade sinaladas no artigo 389 de Lei Orgánica, operarán con posterioridade o nomeamento mediante opción efectuada polo nomeado.

Son causas de incapacidade: estar impedido física ou psiquicamente para a devandita función; estar condenado por delito doloso en canto non se obteña a rehabilitación, estar procesado ou inculpado por delito doloso en canto non se obteña a absolución ou sexa dictado auto de sobresemento, e non se atopar en pleno exercicio del dereitos civís.

Meis, a 25 de xaneiro de 2019.- O Alcalde, José Luis Pérez Estévez.

anuncio bop

MODELO SOLICITUDE XUIZ DE PAZ