O alcalde de Meis, José Luis Pérez promociona en Fitur en compañía de Ofelia Barral, concelleira de cultura e o membro da confraría, Enrique Barros, a “Semana Santa de Paradela” dentro do programa da Xunta ” Semanas Santa en Galicia”.

O Concello de Meis coñecido polo seu patrimonio singular co Mosteiro de Armenteira e a súa espectacular ruta da Pedra e a auga puxo en valor parte unha das súas festas de Interese Turístico Galego, salientando a implicación dos seus veciños, novos e maiores que viven a Semana Santa con profundo sentimento e fe.

A Semana Santa de Paradela, permite visualizar unha representación única que se divide en diferentes xornadas e actos litúrxicos desde a entrada de Xesucristo en Xerusalén montado nun burro, pasando pola escenificación da última cea a noite do xoves Santo, seguido do venres Santo onde Jesús é sentenciado a matar por Poncio Pilato e levado ao Monte Calvario para ser crucificado, durante a mañá, acto que dará lugar ao desencravo pola noite con procesión ata a igrexa parroquial; terminando estes días de Pascua en Meis co domingo de resurrección.

José Luís Pérez, alcalde de Meis anima aos que visiten o Concello de Meis durante a Pascua, poderán gozar dunha Semana Santa espectacular e única, onde serán benvidos a unha parroquia como é a de Paradela, pequena pero acolledora e con moito encanto.