A restauración do cruceiro de Lamas, sito en San Martiño de Meis, chegou ao seu fin. O elemento conta coa máxima protección ao ser Ben de Interese Cultural e está datado no século XVIII. Esta obra, por valor de 8.409 euros, está financiada a través dunha subvención concedida a este Concello pola Deputación de Pontevedra para Conservación, restauración e recolocación do cruceiro de Lamas do ano 1797 ao abeiro das subvencións para “Rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural ano 2018”.