O concello de Meis fará unha seleccion de persoal nos vindeiros días para a contratación de 9 operarios divididos do seguente xeito 1 canteiro, 2 albaneis, 1 electricista, 1 fontaneiro/a, 1 pintor/a, 1 carpinteiro/a, e dous peóns de obras públicas en xeral a xornada comleta durante 8,5 meses grazas ao PLAN CONCELLOS 20018-2019  LIÑA 3- ( Emprego para conservación de bens e servizos municipais)

Realizaran os traballos por todas as parroquias de Meis cun custo total de 108.930.55€ dos cales subvencionados foron   105.417€ e o restante achegouno o concello, é dicir 3.513.55€.

O alcade Jose Luís Pérez cre que estes tipos de contrato son moi beneficiosos para ambas as partes, xa que os concellos non teñen grandes recursos persoais, pero si moitas necesidades e son un complemento ideal, ao mesmo tempo tamén se logra crear postos de traballo dentro do municipio nuns tempos moi difíciles.