Este mes de novembro rematan 10 traballadores que o concello incorporou grazas ao PLAN CONCELLOS 20017- LIÑA 3- ( Emprego para conservación de bens e servizos municipais), os cales veñen realizando traballos  cun contrato de 8 meses comprendidos entre o 01/04/2017 ata o 30/11/2017.

En estes contratos contouse cos seguintes profesionais 2 albaneis, 1 canteiro, 1 electricista, 1 fontaneiro e 3 peóns de mantemento. Os cales estiveron realizando traballos durante estes 8 meses por toda as parroquias de Meis cun custo total de 113.914.30€ dos cales subvencionados foron   106.950.25€ e o restante achegouno o concello, é dicir 6.964.05€.

O alcade Jose Luís Pérez cre que estes tipos de contrato son moi beneficiosos para ambas as partes, xa que os concellos non teñen grandes recursos persoais, pero si moitas necesidades e son un complemento ideal, ao mesmo tempo tamén se logra crear postos de traballo dentro do municipio nuns tempos moi difíciles.