No día de onte rematou a XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL no CPI Mosteiro

No día de onte o alcalde José Luis Pérez acompañado da concelleira de Cultura Ofelia Barral fixeron unha visita a os nenos e nenas do colexio CPI de Mosteiro nas suas clases de educación vial.
Todo comezou este luns 29 de maio pola mañan, cando se desprazou a Unidade do Parque móbil de Tráfico ao CPI Mosteiro solicitada polo Concello de Meis a través da Oficina municipal de información xuvenil. Os destinatarios nesta xornada foron os alumnos e alumnas deste centro de 5º e 6º de primaria e pa nenos e nenas dos mesmos cursos do CEIP Armenteira.
A xornada dividiuse en duas partes :Circuito de E.V. con karts eléctricos, e charlas nos 20 primeiros minutos que se opoiaran en pequenas películas para tratar as condutas peonís seguras fora do centro urbano e a condución de bicicletas.
Tamen falaron da necesidade de facerse ver cando se viaxa en bicicleta, xa que o ciclista e o mais perxudicado cando ocorre un accidente como leva acontecido nos últimos atropelos que está habendo en Galicia.
Desde o concello infórmase os veciños e veciñas que estas actividades terán continuidade a finais do mes de setembro chegando a todos os niveis educativos, xa que segundo comenta o alcalde José Luis Pérez recorrendo a un antigo refrán, máis vale previr que ter que curar, e persoalmente cre que despois da información recibida os nenos e nenas son xa uns auténticos profesionais en seguridade viaria.